Servicio de Informacion sobre Discapacidad


Servicio de Información sobre Discapacidad
Logotipo del INICO Logotipo del INICO Logotipo del INICO Logotipo del INICO

Estamos mejorando y transformando el SID, GRACIAS por seguir con nosotros

Imagen del logo de twitter Imagen del logo de facebook Imagen del logo de Linkedin

ASPACE Lugo (Asociación de Parálisis Cerebral)

A Asociación de Persoas con Parálise Cerebral e Patoloxías Afíns de Lugo (ASPACE- LUGO) é unha asociación sen fins lucrativos fundada en Lugo no ano 1994. Nace como reacción dun grupo de nais e pais preocupados polas carencias sanitarias da súa cidade.

Dende o local da asociación se brindan os seguintes servizos:

1) SERVIZO DE ORIENTACIÓN, INFORMACIÓN E ASESORAMENTO AS FAMILIAS.
- Información, orientación e asesoramento sobre recursos existentes para o colectivo de persoas con Parálise Cerebral e/ou afíns.
- Información e planificación de actividades de ocio e tempo de lecer para as persoas con PC e as súas familias.
- Orientación laboral.
- Difusión e sensibilización da entidade á sociedade.
- Derivación, coordinación e seguimento con outros profesionais de entidades tanto públicas como privadas.
- Captación de recursos para o desenrolo de actividades e continuidade das xa existentes.

2) SERVIZO DE REHABILITACIÓN.
Preténdese a través deste programa mellorar o desenrolo motor dos socios/as, buscando a mobilidade, función e percepción, prever o deterioro ou debilidade dos músculos como resultado da falla de uso (chamada atrofia) e evitar a contratura, na cal os músculos se inmobilizan nunha postura ríxida e anormal. O tratamento fisioterapéutico pode mellorar ou evitar o deterioro da autonomía dun paciente con parálise cerebral, entre os seus beneficios están:
- Facilitar o desenrolo psicomotor.
- Reducir a espasticidade (os músculos mantéñense permanentemente contraídos o que provoca rixidez).
- Axudar a mobilidade: tratase de capacitar o neno ou adulto dunha independencia bípeda que é necesaria para explorar o entorno, mellorase a coordinación dos membros e a capacidade de moverse axudar o neno a mellorar a capacidade cognitiva, a animar a interacción co entorno e a mellorar a orientación visual e auditiva.

3) PROGRAMA DE ACTIVIDADES DE ESTIMULACIÓN MULTISENSORIAL E TERAPIA OCUPACIONAL.
- Terapias de estimulación multisensorial.
- Estimulación en piscina climatizada na LUCUS BABY SPA con monitor/a.

4) AULA DE COMUNICACIÓN AUMENTATIVA E ALTERNATIVA.
Nesta aula preténdese identificar as capacidades de cada usuario e en función destas, establécese o sistema de comunicación apropiado para cada caso. A maiores de establecer o sistema aumentativo e alternativo, se desenvolven diversas actividades que permitan crear, aumentar ou manter as habilidades dos usuarios, favorecendo a adaptación o sistema de comunicación.
Temos o Sistema IRISCOM, sistema de comunicación e acceso a través de ordenador controlado polo movemento dos ollos, á disposición das socias e dos socios que o precisen.

5) PROGRAMA DE ADAPTACIÓN DO ENTORNO E ASESORAMENTO EN AXUDAS TÉCNICAS.
Facilítase información e asesoramento os/as socios/as das axudas técnicas que máis se adaptan as necesidades da persoa e que tipo de adaptacións poderían facilitar a realización das actividades da vida diaria, dende comer, vestirse, levantarse ata o desprazamento na comunidade.

6) ACTIVIDADES DE OCIO E TEMPO DE LECER.
Traballamos polo dereito dun ocio para todos e buscamos poñer ó alcance dos socios e das socias de ASPACE LUGO actividades normalizadas de ocio e tempo de lecer, ofrecendo o apoio e acompañamento necesario.
- Realizamos actividades de buceo adaptado, coa colaboración e o apoio da Asociación “Al Agua Sin Limitaciones”, na piscina e na praia.
- No verán facemos Surf na Escola de Surf de Viveiro.
- Realizamos merendas na Selva de Cler&Gos, parque infantil.
- Facemos saídas culturais pola cidade e excursións culturais e de ocio para os socios, as socias e as súas familias.

Servicios

  • Diagnóstico y orientación;
  • Atención temprana;
  • Educación especial;
  • Apoyo escolar;
  • Centro de día;
  • Actividades de ocio y tiempo libre

Dirección

Ronda Alfredo Brañas, 1 bajo
27004 Lugo

Teléfono

982 20 27 78

Correo electrónico

Notas:

Facebook: ASPACE Lugo

Más información


© 1999-2018, Servicio de Información sobre Discapacidad
Universidad de Salamanca - Instituto Universitario de Integración en la Comunidad ]
La información que se ofrece en estas páginas está sujeta a una cláusula de exención de responsabilidad
Política de Privacidad y Protección de Datos ]